Curso de Coordinación de Servizos de Socorrismo Acuático
19-10-2018
Tal e como estaba previsto no marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local a Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Actividade Física e Deportiva que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3:
AFDP0211 COORDINACIÓN DE SERVIZOS DE SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS E ESPAZOS NATURAIS ACUÁTICOS (RD 1076/2012, de 13 de julio) de 660 horas de duración, e 15 prazas.
A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia na cidade da Coruña, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección e unha vez se obteña a confirmación e autorización de inicio por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañá, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.
Está dirixido a menores de 30 anos e desempregaos da provincia da Coruña, que estean inscritas no ficheiro nacional de Garantía Xove e que ademáis cumpran os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos os 16 anos de idade
- Estar empadroado/a nalgun dos concellos da provincia da Coruña
- Accesp a requisitos inscrición en Garantía xuvenil
- Estar en posesión do título de bacharelato, ou ben certificado de profesionalidade nivel 3 , ou ver certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional: Actividades físicas e deportivas, área de prevención e recuperación; ou ben cumprir co requisito académico de acceso a ciclos formativos de grado superior ou ter superadas as probas de acceso reguladas polas administración educativas: ou ben ter superado a proba de acceso á Universidade para maior de 25 anos,; ou ben ter os coñecementos formativos e/ ou profesionais suficientes que permitan participar con aproveitamente nesta formación.
Os veciños e veciñas do Concello de Zas interesadas en participar poden inscribirse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (Isabel), no tel. 981708303.
O prazo de inscición para os empadronados no Concello de Zas, finaliza o 13 de novembro.
No caso de que haxa máis incritos que prazas realizarase un proceso de selección.