O goberno municipal de Zas e as familias reúnense para abordar as medidas contra os recortes no servizo de pediatría
11-09-2018

O goberno municipal de Zas vén de convocar unha reunión coas familias afectadas polos recortes que sofre dende o pasado mes de xuño o servizo de pediatría dos Centros de Saúde de Zas e de Baio.
No encontro, que terá lugar este venres ás 21:30 horas no Centro Sociocultural de Zas, abordaranse as medidas a tomar despois de que o Sergas - Servizo Galego de Saúde – reducise de 35 a 15 horas semanais o servizo de pediatría o cal se traduce nunha diminución da calidade de asistencia para centos de nenos e nenas do municipio.
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, dará conta na reunión das distintas xestións realizadas na Xunta de Galicia, que é a administración competente en materia sanitaria.