O Concello de Zas está a realizar un importante investimento na renovación dos espazos públicos

07-09-2018

 

Coincidindo co bo tempo dos últimos meses, o Concello de Zas vén traballando na posta a punto dos distintos espazos públicos municipais coa fin de poñer a disposición da veciñanza áreas de ocio de calidade para o desfrute de toda a familia.

Unha das actuacións máis importantes que se levaron a cabo nos últimos meses foi a reforma integral da área recreativa de Meanos, que xa está sendo utilizada polos veciños e veciñas. A nova área recreativa está dotada cunha renovada pista multideportiva e un parque infantil totalmente equipado.

As obras consistiron, por un lado, no movemento de terras para acometer a reforma integral do parque infantil dotándoo de novos equipamentos. Por outra banda, nesta actuación tamén se reparou a pista multideportiva existente e renováronse os seus equipamentos co fin de promover e optimizar o seu uso. O presuposto base de execución desta obra acadou os 31.241,06 euros, financiados con cargo o Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña.

“A mellora dos servizos e a creación de espazos públicos de calidade en todo o municipio é unha das prioridades do noso equipo de goberno”, manifesta o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín.

Compartir: