O Concello de Zas organiza o XXXI Trofeo de Fútbol

23-08-2018

Os xogadores das categorías xuvenís e sénior do SP. Zas e do CD. Baio participan este domingo no XXXI Trofeo Concello de Zas. O Campo Municipal de San Andrés será o escenario de dous encontros amigables entre os nosos clubs locais. O primeiro dos partidos disputárase ás 17:00 horas e será entre as categorías xuvenís das dúas formacións. E a continuación, ás 19:00 horas, será o turno dos equipos sénior.

O XXXI Trofeo Concello de Zas ten como obxectivo a promoción do deporte e dos nosos equipos locais. Este encontro forma parte do programa de actividades deseñado polo Concello de Zas para este verán que despois de dous intensos meses de actividades lúdico e deportivas, culturais e excursións vai chegando ao seu fin.

Compartir: