CONVOCATORIA 2010 DOS CURSOS DE LINGUA GALEGA `CELGA´

14-01-2010

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para este ano un total de 185 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de lingua galega (Celga). A convocatoria vai dirixida a particulares (adultos), colectivos, entidades e/ou organizacións que conten cun mínimo de 25 persoas preinscritas para asistir aos cursos.

O Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, ten previsto solicitar dous cursos:

a) Curso de Celga 3: de abril a maio.
b) Curso de Celga 4: de setembro a novembro.

O prazo para realizar a preinscrición remata o vindeiro 24 de febreiro, e na petición deberán constar: nome completo, DNI, número de teléfono de contacto e nivel de coñecemento da lingua galega que posúen, ou o curso Celga que desexan facer.

As persoas interesadas ou as que teñan algunha dúbida acerca dos cursos Celga ou das súas validacións, poden poñerse en contacto co SNL (Casa do Concello, Praza do Campo, núm. 1, Zas), a través do teléfono 981 708 303, do formulario blog do SNL ou do formulario de preguntas situado na columna dereita do blog e no enderezo www.formspring.me/snlzas.
Compartir: