O Concello de Zas reforza o departamento de Servizos Sociais coa contratación dun auxiliar administrativo

31-07-2018

O Concello de Zas vén de publicar as bases para a contratación dun/dunha auxiliar de administrativo con carácter temporal coa finalidade de reforzar o departamento de Servizos Sociais municipal.

As tarefas que desempeñará a persoa seleccionada consistirán na prestación de apoio administrativo e tarefas de atención ao público; tales como mecanografiado de documentos, incorporación dos documentos aos expedientes así como o seu arquivo e rexistro, información ao usuario, redacción de escritos e manexo de bases de datos, atención telefónica así como outros traballos relacionados co posto.

Os/as interesados/as en participar no proceso de selección teñen un prazo de 7 días naturais, que empezará a contar mañá mércores, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas.

A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición e o contrato será temporal. O Concello de Zas dispón para a prestación deste servizo dunha axuda da Deputación da Coruña dentro do Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios para o exercicio 2018.

Descargas

Compartir: