Zas celebra a Festa Infantil

06-07-2018

Os nenos e nenas do Concello de Zas están convidados á Festa Infantil que terá lugar mañá entre as 16:00 e as 20:00 horas no campo de fútbol municipal San Andrés e na Piscina Municipal de Zas.

Obradoiros, inchables, tobogáns acuáticos, festa da espuma, tiro con arco,… son algúns dos pratos fortes dunha das citas máis agardadas dos nosos nenos e nenas. E para coller forzas, farémolo cunha merenda con flocos de millo que arrasan entre os máis novos.

Ademais, as previsións do tempo indican que será un día con moita calor polo que convidará a desfrutar da piscina. Para isto, é recomendable traer roupa de baño e chanclas.

Compartir: