As piscinas municipais de Zas abren a campaña de verán
02-07-2018
Hoxe arrancou a campaña de verán nas piscinas municipais de Zas e de Baio para abrir as súas portas durante os próximos meses.
Desta forma, continúa aberto o prazo de inscrición para a presente tempada e que inclúe o uso das piscinas durante toda a campaña e que pode tramitarse na Casa do Concello de Zas. O custe da inscrición é de 9 euros para os nenos e nenas de ata 14 anos e de 12 euros para os maiores de 14 anos. Tamén está aberto o prazo de renovación dos carnés expedidos en anos anteriores.
As instalacións están abertas a todos os usuarios e usuarias que o desexen establecéndose as seguintes cuotas:
- Entrada diaria: 0,60€
- Abono semanal: 3,00€
- Abono quincenal: 6,00€
- Abono mensual: 9,00€
Os menores de 14 anos e os posuidores do Carné Xove aplicaráselle un desconto do 50% sobre os prezos anteriormente sinalados.
Ao mesmo tempo, e como vén sendo habitual, o Concello de Zas oferta cursos de natación durante os meses de xullo e agosto.
No seguinte enlace podes consultar o calendario do mes de xullo.