O Concello de Zas convoca cinco prazas para a brigada de incendios forestais
22-06-2018
O Concello de Zas vén de publicar as bases para a contratación de cinco prazas, con carácter temporal, para formar a brigada de prevención e defensa de incendios forestais durante a campaña de verán. Os contratos realizaranse grazas a un convenio coa Xunta de Galicia para participar na loita contra os lumes forestais.
Ademais da contratación de persoal, crearase unha bolsa de emprego desta especialidade. En concreto trátase de un posto para xefe de brigada, un peón-conductor e tres peóns. O prazo de presentación de instancias remata o 2 de xullo e a selección do persoal farase por concurso-oposición. En termos xerais, os aspirantes deben ter cumpridos os 16 anos de idade, ter o certificado de escolaridade ou equivalente e ter carné de conducir (no caso do xefe de brigada e de peón-conductor).
As persoas seleccionadas deberán realizar un curso teórico-práctico de formación sobre prevención e defensa contra incendios forestais de 16 horas que será impartido por persoal competente na materia. Este curso será obrigatorio aínda que a persoa seleccionada xa o recibise en anos anteriores.
Os/as interesados/as poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios da casa do Concello e na páxina web do Concello de Zas a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/noticia/gl/700