Convocatoria de 5 prazas para a brigada de incendios do Concello de Zas
22-06-2018
Por Resolución da Alcaldía, núm. 196/2018 de data 21 de xuño de 2018, aprobáronse as bases específicas para a selección e a formación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de 1 xefe de brigada, 1 peón-condutor e 3 peóns para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Zas.
O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (publicado o 22 de xuño de 2018). As persoas interesadas poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios da casa
consistorial e na páxina web do Concello de Zas nos seguintes enlaces: