ZAS ACOLLE A `SEMANA DA SAÚDE NA MULLER´

02-11-2009

O vindeiro martes 3 de novembro a Dra. Alfonsina Uriburu impartirá unha charla sobre xinecoloxía á que todas as mulleres do Concello estades invitadas. A cita é ás 7 e media da tarde no Centro Sociocultural de Zas.

Esta iniciativa forma parte da Semana da Saúde na Muller, organizada polo departamento de Concellos Saudables.


Nova sesión da campaña de animación á lectura

Por outra banda, lembrar que continúa a campaña de animación á lectura do Concello; o martes 3 de novembro, ás 6 da tarde, ten lugar unha nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal, a cargo da Compañia do Trinke Trinke, dentro da campaña de animación á lectura.


Achegádevos !!
Compartir: