INÍCIASE UNHA NOVA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

19-10-2009

O Concello de Zas retoma unha das súas iniciativas máis exitosas, a Campaña de Animación á Lectura. O escenario será a Biblioteca Municipal, que abrirá as súas portas a esta proposta o martes 20 de outubro a partir das 6 da tarde. As sesións sucederánse cada quince días ata o 23 de febreiro de 2010, inclusive.

A Compañía do Trinke - Trinke será a encargada de levar a cabo as sesións de contacontos, que teñen como obxectivo principal achegar ós máis cativos (e tamén ós pais) á biblioteca, e acompañalos no descubremento do marabilloso mundo do libro e a lectura.

Compartir: