Recepción oficial a Santi Soneira despois de gañar a medalla de prata no Campionato de España de Arco Tradicional e Desnudo Aire Libre
16-06-2018
O Alcalde de Zas, Manuel Muíño - xunto con demáis membros do equipo de Goberno de Zas - encabezou esta mañá a recepción oficial a Santi Soneira - da Asociación Deportiva Suagra de Baio – despois de gañar a Medalla de Prata no Campionato de España de Arco Tradicional e Desnudo Aire Libre que tivo lugar os días 26 e 27 de maio en Valencia.
Manuel Muíño trasmitiulle os seus parabéns de parte de toda a corporación e mostrou o orgullo que é para o municipio que o feito de que un dos deportistas máis galardoados da Costa da Morte sexa oriundo do Concello de Zas. Pola súa banda, Santi Soneira agradeceulle ao Concello de Zas todas as facilidades que lle posibilita cedéndolle as instalacións para os seus adestramentos salvando así unha das maiores dificultades coas que se atopan deportes minoritarios como o do tiro con arco.
Durante o encontro, o Alcalde entregoulle un trofeo conmemorativo do Concello de Zas.