Praza do Campo, 1. 15850. Zas. A Coruña.
+(34) 981 70 83 03
13-06-2018
Despois dos últimos recortes que se están a sufrir no servizo de Pediatría que o Sergas presta nos centros de saúde de Baio e de Zas, o Alcalde de Zas – Manuel Muíño – manterá un encontro cos pais e nais afectados.
A reunión, á que están chamados todos os usuarios e usuarias deste servizo, será este venres – día 15 de xuño – ás 20:30 horas no Centro Sociocultural de Zas. Alí, Muíño informaralles da situación e abordaranse as medidas que se tomarán co fin de que os nenos e as nenas do noso concello reciban a atención médica que precisan e merecen.