PROGRAMA DE ACTIVIDADES 2009-2010

16-10-2009

O Concello de Zas vén de presentar o Programa de actividades para o período 2009/10 no que incluiu unha completa oferta de cursos para todos os sectores da poboación e todos os gustos.

A listaxe de opcións abarca desde actividades relacionadas con oficios tradicionais como a cestería ou a alfarería; ata outras máis creativas como clases de teatro para adultos, fotografía ou manualidades; ou prácticas para a vida diaria coma un curso de primeiros auxilios. Bailes de salón, deportes (ximnasia, tiro con arco, tenis), informática, taller de memoria, xardinería ou cortinaxe son outros dos cursos nos que se poderán apuntar os veciños.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro mércores 28 de outubro. O teléfono de contacto é o 981 708 303. Os horarios e as sedes onde se impartirán os cursos poden consultarse no documento anexo.
Compartir: