Aberto o prazo de inscricións na V Carreira Pedestre de Zas

24-05-2018

Xa está aberto o prazo para anotarse na V Carreira Pedestre de Zas; unha proba deportiva que se enmarca no V Circuíto Correndo pola Costa da Morte.  A cita é o 2 de xuño e as inscricións poden materializarse ata o 30 de maio a través da páxina www.championchipnorte.com e www.correndopolacostadamorte.com. Os/as corredores/as que se anoten o próximo luns, 28 de maio, teñen desconto e pagarán 8€ + 1€ de aluguer do chip. As inscricións que se formalicen o martes e o mércores (29 e 30 de maio) terán un custe 15€ +1€ de aluguer do chip. As categorías de base (pitufo, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil) tñene de prazo para anotarse ata o 30 de maio e a inscrición é gratuíta.

As probas disputaranse na tarde do sábado día 2. Primeiro será o turno dos benxamíns e alevíns que sairán da meta ás 17:00 horas. Un pouco máis tarde, ás 17:30 horas farano os participantes nas categorías infantil, cadete, xuvenil e os da absoluta 3k Contra o Cancro. Ás 18:10 horas arrincarán os da 10K Sénior, M40 e M50 e Adaptada. E xa por último, ás 19:30 horas sairán os pitufos.

Tanto a saída como a chegada estará ubicada na praza do concello. O percorrido será similar ao das anteriores edicións e discorrerá polas parroquias de Zas, Castro e Loroño para bordear o monte do Castro. A de Zas está considerada como unha das carreiras “máis verdes” de todo o circuíto xa que o se percorrido atravesa zonas nas que domina a vexetación.

O Concello de Zas forma parte deste circuíto, xunto con outros municipios da zona, co fin de fomentar entre a nosa veciñanza a práctica da actividade física e do deporte como un medio para acadar unha vida saudable.

Compartir: