O Concello de Zas contrata persoal técnico especializado para a Oficina de Turismo

08-05-2018

O Concello de Zas vén de publicar as bases para a contratación dun técnico/a de Turismo con carácter temporal, así como da creación dunha lista de substitución para futuras contratacións, coa finalidade de dispoñer de persoal especializado para a Oficina de Turismo do Concello de Zas.

As tarefas que desempeñará a persoa seleccionada consistirán na xestión da Oficina de Turismo do Concello de Zas entre as que se atopan a acollida ao turista, facilitar información turística aos visitantes a través de distintas canles de comunicación tanto de información local como do Xeodestino Costa da Morte e da provincia da Coruña, informar sobre os distintos recursos turísticos, culturais e naturais ademais de realizar tarefas administrativas xerais e participar nos seminarios de formación en temas relacionados co turismo.

Os/as interesados/as en participar no proceso de selección teñen un prazo de 7 días naturais, a contar a partir de mañá mércores, para presentar as súas instancias nas dependencias administrativas do Concello de Zas. A selección realizarase mediante o procedemento de concurso-oposición libre e o contrato terá unha duración de seis meses e a xornada completa.

Descargas

Compartir: