Ábrese o prazo para participar no Camiño por etapas de Santiago a Muxía por Brandomil

08-05-2018

O Concello de Zas – xunto cos de Vimianzo, Mazaricos, Santa Comba, Muxía e A Baña – unen as súas forzas para promocionar o Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil cunha ruta organizada e dividida en catro etapas que se realizarán os días 20 e 27 de maio e 3 e 10 de xuño.

Os/as interesados/as deben inscribirse no seu concello e o custe da inscrición é de 10 euros por etapa que se destinarán aos desprazamentos en bus, seguro, bocadillo, froita e auga. Poderán anotarse un máximo de 50 participantes por cada Concello patrocinador e os interesados que non pertenzan a ningún deles poderán participar sempre e cando non se cubran as prazas. 

As saídas comezan sempre ás 09:00 horas dende os distintos puntos de cada etapa: o día 20, na Praza do Obradoiro de Santiago; o día 27 da Praza das Vacas de Negreira; o día 3 de xuño dende a Ponte Vella de Brandomil e o día 10 dende o campo da festa de Berdoias. As inscricións poden facerse ata o xoves antes de cada unha das etapas.

Máis información, nos Centros Socioculturais de Zas (981 751 398) e de Baio (981 718 056).

Compartir: