Zas celebra a 22ª Festa dos Maiores cuns de 800 asistentes
04-05-2018
Uns 800 veciños e veciñas do Concello de Zas reúnense mañá no pavillón municipal da vila con motivo da 22ª Festa dos Maiores.
A xornada comezou coa actuación dos grupos da Asociación Cultural Adro e Churía de Zas. O menú consistiu en empanada, polbo, carne asada e pan de ovo. Durante o encontro homenaxeouse ao veciño (José Hermida Lourido, de Brandoñas) e á veciña (Manuela Doval Mourelle, de Loroño) de máis idade presentes no xantar e que non fosen homenaxeados en edicións anteriores. O Alcalde, Manuel Muíño, entregoulles cadanseu agasallo. Despois da sobremesa, a festa continuou ao ritmo de orquesta.
Para poñer en marcha esta festa, o Concello de Zas contou coa colaboración dos membros de Protección Civil.
Esta é unha das citas máis agardadas polos nosos maiores e que se suma á programación de actividades para a 3ª idade organizadas pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Zas.