O Concello de Zas pon en marcha un programa continuo de recollida de plásticos agrícolas porta a porta

26-04-2018

Dento do seu compromiso co coidado do medio, o Concello de Zas vén de poñer en marcha unha campaña continua de recollida de plásticos agrícolas porta a porta na totalidade das parroquias do municipio. A diferenza das campañas anteriores que se realizaban de forma puntual, a recollida pasase a facer agora ao longo de todo o ano.

Gandeiros e agricultores deberán de poñerse en contacto co Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03. Os plásticos deberán depositarse no lugar sinalado o máis limpos posibles e atados de maneira que facilite a súa recollida.

Unha empresa encargarase de realizar a recollida así como do transporte dos refugallos plásticos até a planta de tratamento onde se someterán a un proceso de reciclaxe do que se obterá materia prima para a fabricación de bolsas de lixo ou polietileno, dándolle así unha nova vida aos plásticos.  

Con este servizo, o Concello de Zas pretende, por unha banda, manter limpo o contorno e, por outro, xestionar da forma axeitadas este tipo de refugallos que, tradicionalmente, son obxecto de vertidos ou de incineracións incontroladas.

Compartir: