Podes beneficiarte do novo bono social?
24-04-2018
A continuación indicamos as claves para acceder ao bono social eléctrico. O primeiro que debes saber é que a data límite para renovar o bono socail ampliouse ate o mes de outubro de 2018.
A primeira condición para acceder, en todos os casos, é ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10kw e estar acollido á facturación regulada (PVPC) e non en mercado libre (pódese pedir o cambio na propia solicitude do bono social sen custe adicional). En todos os casos, solo se aplica á vivenda habitual. Unha vez cumpridas estas bases, falta por acreditar unha das seguintes condicións.
Requisitos para ser considerado consumidor vulnerable (só é necesario cumprir un):
- Ter unha renda individual (no caso dun só adulto no fogar) ou familiar que non supere os 11.280€ anuais, no caso de fogares sen nenos (1,5 veces o IPREM), 15.000€ para familias cun menor (2 veces o IPREM) ou 19.000 euros anuais se hai 2 menores no fogar (2,5 veces o IPREM). Estes umbrais soben no caso de discapacidade, vítimas da violencia de xénero ou do terrorismo.
- Familias numerosas ou pensionistas coa pensión mínima de xubilación ou incapacidade permanente e non teñan outros ingresos.
Quen cumpran estes requisitos, considéranse consumidores vulnerables; o que significa que poderán acceder a un desconto do 25% na súa factura da luz. Tamén se establece un desconto superior, do 40%, para os denominados vulnerables severos. Para acceder a este nivel, os umbrais son moito máis baixos.
A renda calcúlase sumando a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da última Declaración da Renda presentada (casiñas 392 e 405). Se o solicitante ou algún membro da unidade familiar non presentou a Declaración porque non estaba obrigado, a Axencia Tributaria incluirá os rendementos do traballo, do capital ou de actividades económicas e ganancias e pérdidas patrimoniais que consten nos seus datos. No caso de familias con varios membros con ingresos, sumarase a cifra de todos eles.
Unha vez concedido o bono social eléctrico, a solicitude deberase renovar cada dous anos; excepto no caso de familias numerosas, que acceden ao desconto até que deixan de selo.
Máis información:
Concello de Zas - Departamento de Servizos Sociais
981 70 83 03
Enlaces de interese: