A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Zas organiza dous cursos

19-04-2018

O Centro Sociocultural de Zas acolle nos próximos días dous cursos dirixidos a todas aquelas persoas interesadas en xeral e, especialmente, ao sector da hostelería. Os cursos están organizados pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas.

O primeiro deles terá lugar o próximo 4 de maio. Nel trataranse temas como as “Alerxias e intolerancias alimentarias” e terá unha duración de tres horas (de 17:00 a 20:00 horas). O curso ten un custe de 25€.

 

O segundo deles será o 11 de maio (nova data) sobre a “Manipulación de alimentos” que se desenvolverá de 17:00 a 20:00 horas. Neste curso poderase tanto expedir por primeira vez como renovar o carné de manipulador de alimentos. O custe do curso é de 25€.

Inscricións

Para participar en calquera dos dous cursos é necesario anotarse a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas ou ben chamando o número de teléfono 981 70 83 03.

 

Compartir: