O Concello de Zas celebra o Día do Libro regalando exemplares
19-04-2018
O próximo luns 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, o Centro Sociocultural de Zas participará, cunto con outras 30 bibliotecas da provincia, na campaña "Libros para sermos libres" organizada pola Deputación da Coruña.
A solta de libros será entre as 10:00 e as 14:00 horas e cada un dos veciños e veciñas que se acheguen ao Centro Sociocultural de Zas entregaráselle de forma gratuita un exemplar. Entre os libros atópanse obras de poesía, ensaio, teatro, fotografía, investigación, pintura, banda deseñada ou literatura infantil. Así, moitos deles resultaron premiados nos diferentes certames que organiza a Deputación da Coruña. No conxunto de volumes que se distribuirán nesta campaña tamén se atopan algunhas das últimas novidades editadas pola institución.
¡Vén polo teu exemplar!