A estación da ITV de O Allo inspeccionou máis de 257.000 vehículos desde a súa apertura

11-04-2018

 

Dende a súa posta en funcionamento, o 5 de xullo de 2012, a estación da ITV instalada no polígono de O Allo non parou de medrar tanto en número de revisións de vehículos como na creación de postos de traballo. Durante estes escasos sete anos de funcionamento leváronse a cabo 257.000 inspeccións e o número de traballadores incrementouse nun 250%, xa que pasou de 4 a 14.

A instalación deste servizo nun dos puntos estratéxicos do noso concello foi unha demanda social, empresarial e política, e un dos grandes retos conseguidos polo equipo de goberno de Manuel Muíño Espasandín. O alcalde apunta que os datos poñen de manifesto a importancia do servizo para o municipio de Zas e para toda a Costa da Morte, como sempre defendeu o executivo local. “A ITV foi un dos investimentos máis importantes da historia do noso concello, pero, máis alá do desembolso económico, a importancia do servizo radica en que creou postos de traballos directos e indirectos e evita o trastorno que lle supoñía á veciñanza desprazarse até Arteixo ou Santiago de Compostela para realizar un trámite tan importante para a seguridade viaria como é a inspección técnica dos seus vehículos”.

 

11.700 revisións no que vai de 2018

Ano a ano, o número de inspeccións na ITV de O Allo medra de forma exponencial, como se reflicte na seguinte táboa.

 

Tipo insp/ano

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018 (ata o 31 de marzo)

1ª Insp.

9.293

22.940

28.051

33.728

38.562

42.886

11.311

2ª Insp.

4.065

8.155

9.845

10.446

12.314

14.809

3.948

Non Periódicas

380

889

1.030

1.100

1.257

1.355

 

336

 

 

Segundo sinalan dende SYC-ITV Applus - empresa encargada da xestión da estación - o 68,52% das inspeccións realizadas dende os inicios corresponden a turismos; case o 19% a vehículos de mercadorías lixeiras, tales como furgóns e furgonetas de menos de 3.500 quilogramos, e case o 5% das inspeccións realizáronse a vehículos agrícolas.

 

 

Postos de traballo

Como consecuencia do aumento do volume de revisións tamén se incrementaron considerablemente o número de postos de traballo directos. A estación de O Allo abriu con dúas liñas de inspección directas –unha de turismos e outra universal– e cun equipo formado por 4 persoas – 3 encargadas da realización das inspeccións e unha da área administrativa -. O horario inicial era de luns a venres, de 09:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00, o que supoñía un total de 41 horas e 25 minutos á semana. Actualmente, a estación de O Allo conta cunha plantilla formada por 14 persoas –10 encargadas da inspección en nave, 3 administrativas e 1 ordenanza que pertence a un proxecto de integración laboral de persoas con discapacidade intelectual-.

O horario actual de atención ao público é de luns a venres, de 08:00 a 21:00, e os sábados de 08:00 a 14:30 horas, o que supón un total de 71 horas e media de atención ao público á semana. Cada vez tamén se amplía máis a área de procedencia dos clientes, que chegan dende toda a comarca de Soneira e de moitos outros puntos da de Bergantiños e Xallas. Carballo, Mazaricos, Santa Comba e incluso Muros son algúns dos puntos xeográficos dende os cales se desprazan usuarios/as á estación de O Allo. A realización de inspeccións periódicas obrigatorias é un factor directamente relacionado coa redución da sinistralidade viaria. Segundo o informe Contribución de la ITV a la seguridad vial, elaborado pola Universidade Carlos III de Madrid, o labor preventivo das estacións de ITV evitan 11.000 accidentes de tráfico en todo o territorio nacional ao longo dun ano.

Compartir: