Os Centros Socioculturais de Zas e de Baio acollen varios obradoiros infantís
20-03-2018
Un ano máis, o Concello de Zas pon en marcha os Obradoiros Infantís co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións da Semana Santa entre todos os veciños e veciñas do noso municipio.
Así os días 26, 27 e 28 de marzo desenvolveranse nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio varios talleres nos que se traballarán a creatividade dos máis pequenos a través de diferentes manualidades, xogos, música, contos,... Os obradoiros realizaranse, en ambos casos, de 11 a 13 horas e están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Para participar é necesario inscribirse previamente ben en cada un dos Centros Socioculturais ou ben chamando aos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. O último día para anotarse é este venres, 23 de marzo.
Torres do Allo
E outro dos puntos do municipio no que ferverá a actividade durante esta Semana Santa será as Torres do Allo. Ademais de ampliarse o seu horario de apertura durante estes días, o Concello de Zas encargarase de dinamizar distintas actividades neste referente turístico da Costa da Morte que xirarán ao redor dunha inédita exposición sobre o “Traxe Tradicional da Costa da Morte” con pezas orixinais do século pasado, fotografías antigas, e outro material recollido e conservado pola distintas asociacións culturais do noso municipio que levan anos conservando as nosas tradicións. Esta programación especial de Semana Santa arranca xa este venres, ás 20:00 horas, coa inauguración desta mostra.
Ademais desta mostra, haberá obradoiros sobre a vestimenta tradicional e, como non, as visitas teatralizadas, as visitas guiadas e o xogo de pistas que gustan tanto aos visitantes do pazo máis antigo de Galicia.