O Concello de Zas sobe á rede información sobre a parroquia de San Cremenzo de Pazos
12-03-2018
O espazo “Zas polo Miúdo”, dentro da web municipal do Concello de Zas, percorre este mes a parroquia de San Cremenzo de Pazos cunha completa documentación elaborada por Evaristo Domínguez Rial e Xosé María Lema na que repasan aspectos demográficos, xeolóxicos e históricos desta parroquia situada na zona norte do municipio.
San Cremenzo, Castro e Daneiro son os lugares que compoñen a parroquia de San Cremenzo de Pazos, duns once quilómetros cadrados de extensión e na que predomina o relevo chá. Rompe esta tendencia a parroquia de Daneiro – cun topónimo único en todo o territorio español – e onde se ergue un pazo de amplas dimensións. Entre os tres núcleos de poboación sumaban, a 1 de xaneiro de 2017, un total de 178 veciños e veciñas; unha cifra moi distante dos 403 habitantes que se rexistraban na parroquia no ano 1950.
Na parroquia hai catalogadas tres mámoas; dúas delas moi preto do desvío da pista que vai desde Castro ata Daneiro e unha terceira que ubicada na paraxe das Landeiras. No lugar de Castro sitúase á beira esquerda do río Sisto un castro.
O boca a boca e moitos documentos oficiais foron os principais vehículos para que o topónimo que dá nome a esta parroquia resistise á súa versión castelanizada – San Clemente -. Evaristo Domínguez e Xosé María Lema tamén repasan o patrimonio da parroquia de San Cremenzo, deténdose principalmente na igrexa parroquial, no pazo de Daneiro e no castro de Castro.
Na parroquia de San Cremezo de Pazo naceron perseiros como Ana María Platas Tasende e os xornalistas Mónica Martínez Lema e Santiago Garrido Rial.
“Zas polo miúdo” é un proxecto posto en marcha pola Concellería de Cultura de Zas – encabezada por Manuel García Velo – co que se pretende dar a coñecer o municipio a través da rede. Das 16 parroquias que compoñen o concello, xa se repasaron 13 cuxa información se pode ver a través do seguinte enlace: http://www.concellodezas.org/portal-cidadan/zas-polo-miudo/gl