O pavillón de Zas acolle o campionato “Xogajudo Costa da Morte” no que participan máis de 300 nenos e nenas de toda a comarca
02-03-2018

Máis de 300 xogadores e xogadoras de judo toda a Costa da Morte concéntranse mañá, sábado 3 de marzo, a partir das 11:30 horas no pavillón municipal de Zas no marco do campionato "Xogajudo Costa da Morte". O evento está organizado pola Federación Galega de Judo en colaboración co Concello de Zas e patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte.
A formación e compartir experiencias son os principais obxectivos deste encontro no que participan nenos e nenas de distintos centros educativos de toda a comarca.
O evento presenciarano representantes do Concello de Zas, o Vicepresidente 1º da Federación Galega de Judo – Eduardo Galán Palla -, o Director Deportivo da Federación Galega de Judo – José R. López Garcia – e o coordinador do evento e Secretario Deportivo da Federación Galega d e Judo – Juan J. Rodríguez Gende -.