Liña de axudas para pequenas e medianas empresas
01-03-2018
O Boletín Oficial da Provincia publicou o pasado martes 27 de febreiro as convocatorias oficiais das axudas do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. A institución provincial distribuirá un total de 4,28 millóns de euros, a través das liñas PEL PEME e PEL EMPRENDE, destinadas a incentivar a contratación en pequenas e medianas empresas e a impulsar as novas iniciativas empresariais da provincia, respectivamente.
As axudas distrubúense da seguinte forma:
Liña 2.1 PEL EMPRENDE. INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e fortalecementodo tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
Estas axudas son para autónomos e empresas con unha antigüedade máxima de 5 anos desde a data de publicación da convocatoria destas axudas.As entidades poderán presentar un orzamento mínimo de gasto de 2.500 euros e un máximo de 25.000 euroos ( excluído o IVE), e poderán solicitar unha subvención máxima de 25.000 euros.
Os conceptos subvencionables son os seguintes:Aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe, mobiliario e equipos para procesos de información (ordenadores).
LIÑA 3.1 PEL PEMES. CREACIÓN E AMPLIACIÓN. Axudas para a creación e ampliación do cadro de persoal de Pemes e micropemes en calquera das modalidades xurídicas existentes, con centro de traballo rexistrado en concellos da provincia de mnos de 20.000 habitantes e con domicilio fiscal na provincia da Coruña.
Poderase solicitar esta subvención para a contratación dun traballador /a durante un máximo de 12 meses.Poderán subvencionarse as contratacións realizadas entre 01/01/2018 e ata 2 poseriores a data de resolución da axuda. A cuantía da subvención será como máximo do 75% dos costes de contratación.O contato deberá realizarse por un períogo mínimo de 12 meses, en calquera modalidade de contrato (indefinido, temporal, de substitución, para a formación ou prácticas).
Liña 3.1 PEL PEMES. MANTEMENTO. Axudas para o mantemento do cadro de persoal de Pemes e micropemes, sendo subvencionables aquelas contratacións indefinidas realizadas polos/as beneficiairos/as da convocatoria PEL PEMES 2017.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal). O prazo de presentación das solicitudes péchase ás 14:00 horas do 22 de marzo de 2018.
Máis información:
Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas
Número de teléfono:981 708 303
As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña, http://www.dacoruna.gal , pechando o prazo de presentación ás 14.00 horas do 22 de marzo de 2018.Lembramos que na web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar información actualizada do Plan de Emprego Local.
Máis información : Servizo de Emprego e desenvolvemento local do Concello de Zas, tel. 981708303.