Últimos días para anotarse na III Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo Concello de Zas
26-02-2018
O vindeiro xoves, 1 de marzo, remata o prazo de inscrición na III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” organizada polo Concello de Zas. No certame poderán participar todos os grupos ou compañías de teatro da comunidade e, como novidade, este ano está aberto tamén a persoas naturais ou xurídicas tanto públicas como privadas.
Para participar é necesario anotarse presentando a documentación pertinente así como os anexos que acompañan ás Bases debidamente cumprimentadas.
O xurado, composto por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius, seleccionará os cinco espectáculos finalistas que serán os que se representen os días 21 e 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio distribuídas entre o auditorio do pavillón de Baio e o auditorio da Casa do Concello de Zas. A entrega de premios terá lugar o domingo 27 de maio.
Premios
Nesta terceira edición da mostra de teatro tamén son novidade os premios xa o que o Concello de Zas destina 2.500€ que distribuirá entre cada unha das cinco obras finalistas as cales recibirán 500€. Tamén haberá premio para a mellor obra elixida polo xurado (trofeo e diploma acreditativo), premio ao mellor actor e á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo) e premio á mellor obra elixida polo xurado (trofeo e diploma acreditativo).
Con esta mostra de teatro afeccionado, o Concello de Zas pretende, por unha parte, fomentar a cultura especialmente no eido das artes escénicas e, por outra, favorecer o teatro feito en Galicia e en galego. Nesta edición, incorporouse o nome de Labarta Pose para conmemorar a figura do escritor baiés.
As bases pódense consultar na páxina web municipal a través do seguinte enlace (http://www.concellodezas.org/media/documentos/BASES_III_Mostra_de_Teatro.pdf )