Axudas para a compra de maquinaria para empresas no rural

06-02-2018

Agader acaba de publicar as subvencios a proxectos de investimento en actividades non agrícolas. Estas axudas están destinadas a mellora, ampliar ou modernizar as empresas que desenvolven activiades non agrícolas no rural, mediante a adquisición de equipamentos produtivos  (maquinaria e equipamentos novos) e a execución de obras necesarias para a súa instalación.
 
Beneficiarios: microempresas e pequenas empresas situadas no rural e constituídas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
 
O investimento mínimo será de 10.000 euros e non superior a 300.000 euros.
 
A contía da axuda será do 45% dos gastos subvencionables.
 
Mais información nas oficinas da Técnica local de emprego do Concello de Zas (Número de teléfono 981 70 83 03)
Compartir: