Calendario Laboral 2018 no Concello de Zas

06-02-2018

 

O calendario laboral do 2018 ten no Concello de Zas 15 festivos; dos cales dez son comúns co resto das comunidades, tres son autonómicos e dous son festivos locais.

Establécense como festivos nacionais os días 1 de xaneiro (aninovo), 6 de xaneiro (día de Reis), 30 de marzo (venres Santo), 1 de maio (festa do traballo), 15 de agosto (a Asunción), 12 de outubro (día da hispanidade), 1 de novembro (Todos os Santos), 6 de decembro (día da Constitución), 8 de decembro (a Inmaculada) e 25 de decembro (nadal). Pola súa banda, serán festivos autonómicos os días 29 de marzo (xoves Santo), 17 de maio (día das Letras Galegas), 25 de xullo (día nacional de Galiza).

En canto aos festivos locais, o goberno de Zas aprobou no pleno do pasado día 26 de setembro de 2017 establecer como días non laborales o 16 de xullo (día do Carmen) e o 26 de xullo (Santa Margarida).

Compartir: