Considérase proxecto de expansión comercial a apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos
comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrompida.
Os proxectos de expansión comercial poderanse basear no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo.
En todo caso, os proxectos deberán responder a unha idea comercial innovadora, nacal se reflicta a creación dun espazo comercial que ofreza ao consumidor unha experiencia
única de compra, a través dunha coidada selección, presentación e exhibición do produto dos servizos diferenciados que se ofrezan e da imaxe e deseño do local comercial, de tal
forma que todos eles en conxunto transmitan a diferenciación do establecemento comercial como o principal elemento de valor.
O proxecto de expansión comercial deberá incluír un compromiso de contratación de persoal de, polo menos, un/ha traballador/a por un período mínimo dun ano, no prazo de
seis meses contados a partir da data límite de xustificación da subvención.
Información e tramitación: Técnica local de Emprego do Concello de Zas (Número de teléfono: 981708303)