Bases do Concurso de Disfraces de Entroido de Zas 2018
25-01-2018
Co obxecto de promocionar unha das festas máis tradicionais de toda a comunidade, o Concello de Zas desenvolverá ao redor das datas do Entroido un completo programa de actividades aberto a todos os públicos e a todas as idades.
O Entroido en Zas arranca con obradoiros infantís que se desenvolverán os días 12 e 13 de febreiro (luns e martes) e que están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Haberá dúas sesións; unha no Centro Sociocultural de Baio e outra no Centro Sociocultural de Zas. As dúas serán en horario de 11 a 13 horas. Os/as interesados/as en participar deben anotarse previamente nos números de teléfono 981 718 056 e 981 751 398.
O día forte do Entroido de Zas será o martes 13 de febreiro xa que o pavillón municipal de Zas acolle a partir das 16 horas unha festa na que haberá xogos, sesións de maquillaxe e inchables para os máis pequenos. E xa a partir das 19 horas comezará o concurso de disfraces no que se repartirán case 1.200 euros divididos en varias categorías. Como novidade, este ano haberá un premio especial de 80€ para o mellor “ZasChoqueiro”. O xurado valorará a orixinalidade dos disfraces, os materiais empregados para a elaboración dos mesmos, a complexidade e a posta en escea.
Os/as interesados/as en participar no concurso de disfraces poden anotarse previamente nas dependencias municipais ou o propio día do certame antes das 18:00 horas cumprimentando debidamente o Anexo I das Bases do Concurso no documento anexo ao final desta nova.
As filloas serán outras das protagonistas da festa de Entroido do martes día 13. Así, un equipo de cociñeiros e cociñeiras prepararán ducias de filloas que se repartirán ao remate do concurso de disfraces entre todos os asistentes.