CURSOS DE FORMACIÓN DA AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

03-09-2009

O Concello de Zas, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento local organiza os cursos de Tacógrafo dixital, tempos de condución e de descanso e o de Prevención de riscos laborais.

O primeiro deles, está destinado a transportistas, conductores profesionais, persoas desempregadas ou interesadas en mellorar as súas posibilidades profesionais. A duración será 4 horas -nunha única xornada e modalidade presencial-, no mes de setembro. A data de realización poñerase en función das preferencias das persoas inscritos.

O curso de Prevención de riscos laborais destinado a traballadores autónomos, incluídos os do anterior réxime agrario. Terá lugar ao longo do mes de setembro e outubro (70 horas e modalidade semipresencial). O horario escollerase en función das preferencias dos solicitantes e impartirase no Centro Sociocultural municipal.

O teléfono de contacto para inscribirse nestas actividades é o 981 708 303.
Compartir: