O Concello de Zas amplía a rede de abastecemento para garantir o subministro de auga a varios lugares

18-12-2017

O Concello de Zas vén de rematar as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga en O Pombal, na parroquia de O Allo, e Sandrexo, parroquia de Vilar, dous dos lugares afectados pola seca dos últimos meses. As obras consistiron na instalación dunha canalización que permitirá aos veciños e veciñas conectarse á rede xeral de subministro de auga potable, garantindo deste xeito o abastecemento a todos os fogares.

O Concello de Zas leva varios meses colaborando intensamente cos veciños e veciñas, enchendo os seus depósitos e as traídas privadas que se viron afectados pola intensa seca que está a padecer Galicia este ano.

“Para o Goberno municipal o abastecemento de auga potable para todos os veciños e veciñas é unha prioridade”, manifesta o Alcalde, Manuel Muíño, quen engade ademais que o Concello ten en marcha varios proxectos para seguir ampliando a rede municipal de auga a outros núcleos de poboación das diferentes parroquias.

Compartir: