Bases para a concesión de bolsas de estudo 2017-2018

04-12-2017

As bolsas que se concederán por parte do concello teñen por obxecto fomentar a educación e os estudos para o presente curso escolar dos alumnos empadroados e escolarizados nos seguintes cursos:

  • Ensinanza Primaria
  • ESO, Bacharelato e ciclos formativos (medios e superiores)
  • Estudos de Grao Medio e Superior

A finalidade destas bolsas é a integración socio-laboral dos pais, nais, titores ou acolledores, mediante o apoio a aquelas familias que non poden afrontar o custo do servizo, pola súa carencia de recursos económicos, ó abeiro da competencia atribuída aos concellos polo artigo 5 da Lei 3/1997, do 9 de xuño, de protección xurídica, económica e social a familia, a cal permite aplicar medidas preventivas e paliativas para garantir as necesidades básicas daquela no eido da vivenda, educación, cultura e traballo.

Os beneficiarios das axudas, serán as familias con menores recursos económicos do municipio, e serán compatibles con calquera outra que perciban polo mesmo concepto. Para o financiamento destas bolsas destínase un crédito máximo de 29.100 euros correspondente ó programa 326.48000 do orzamento de gastos para o ano 2017.

Descargas

Compartir: