Obradoiro de autodefensa persoal para as mulleres

21-11-2017

Co motivo do Día Internacional da Violencia de Xénero e dentro da campaña "Zas en Negro" organízase un obradoiro de autodefensa persoal para as mulleres.

Terá lugar no polideportivo de Baio o próximo xoves 23 e venres 24 de novembro en horario de 20:30 horas a 21:30 horas. Ademáis o sábado 25 haberá unha exhibición.

Aquelas interesadas poden anotarse no concello ou ben chamando ao teléfono 981.70.83.03

Compartir: