O Magosto chega as Torres do Allo

13-11-2017

O Concello de Zas ten preparado para o próximo sábado 18 de novembro, a partir das 18:00, a celebración do magosto que terá lugar nas Torres do Allo, dedicado o baile e a música.

A celebración consistirá nunha foliada tradicional amenizada polas actuacións da
Asociación Cultural Adro, a Asociación Baile Tradicional Churía e o Ghusto do Boi.

E como non podía ser de outra maneira, haberá castañas.

A actividade é de balde para todos os asistentes.

Compartir: