Semana Cultural 2017 do Concello de Zas
24-07-2017
Un ano máis, o Concello de Zas organiza a súa Semana Cultural, do domingo 30 de xullo ao domingo 6 de agosto. O programa comeza coa proxección da curtametraxe “Vida” e co documental “Máis ca vida” de Rubén Riós no auditorio do Concello ás 21.00 horas e pecharase o día 6 cunha Noite de Cine co filme “El Desconocido” ás 22.00 horas na Praza do Concello.
Ao longo de toda esa semana, haberá infinidade de actividades para todos os públicos: obradoiros infantís sobre a elaboración de xabón tradicional ou a encadernación japonesa; curso de iniciación ao baile tradicional impartido polo Grupo de Baile Churía da Asociación Cultural Castro-Meda de Zas; monólogos; contacontos, teatro ou visitas guiadas ao patrimonio do municipio. Nalgunha destas actividades, a inscrición é obrigatoria xa que hai prazas limitadas.
Máis info:
981 751 398 Centro Sociocultural de Zas
981 718 056 Centro Sociocultural de Baio
981 708 303 Concello