Programa de actividades de verán 2017
22-06-2017
Información e inscricións
A partir do luns, 26 de xuño
- Zas: no Centro Sociocultural (981 751 398)
- Baio: no Centro Sociocultural (981 718 056)
Horario: de luns a venres de 9:30h. a 14h.
É obrigatorio entregar a solicitude de inscrición e realizar o pago das actividades antes do seu inicio. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada.
* As persoas non empadroadas participarán no caso de non cubrirse as prazas coas persoas empadroadas no Concello de Zas.
Festa infantil
Inchables, tobogáns acuáticos na piscina, touro mecánico, festa da espuma,… e merendaremos con flocos de millo e moito máis…
- Destinatarios/as: nenos e nenas de todas as idades do Concello de Zas
- Lugar onde se realiza: campo de fútbol e piscina municipal de Zas
- Horario: 16h. a 20h.
- Data: Sábado, 1 de xullo
- Entrada: De balde
- Requisitos: é necesario traer o bañador e chanclas para a piscina
Cursos de natación
- Destinatarios/as: todas as idades
- Lugar onde se realiza: piscinas municipais de Zas e Baio
- Horario: a concretar cos monitores/as nas piscinas
- Datas: xullo e agosto
- Requisitos: ter o carné da piscina (faise no Concello e nos Centros Socioculturais)
Curso “Edición dixital de fotografía e vídeo”
- Destinatarios/as: de 8 a 14 anos
- Lugar onde se realiza: aulas de informática dos centros socioculturais de Zas e Baio
- Horario: de 10h. a 12h.
- Datas: 3, 4, 5, 6 e 7 de xullo (Zas) e 11, 12, 13, 14 e 18 de xullo (Baio)
- Nº de prazas: 12 por localidade
- Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as
- Inscricións: ata o xoves 29 de xuño (Zas) e xoves 6 de xullo (Baio)
Campamentos urbanos e deportivos
Actividades deportivas, xogos, dinámicas, obradoiros de manualidades, etc... para os/as máis pequenos/as
- Destinatarios/as: de 4 a 12 anos
- Lugar onde se realiza: Centros socioculturais de Baio e Zas
- Horario: de 10h. a 14h.
- Datas: 3, 4, 5, 6 e 7 de xullo (Baio) e 11, 12, 13, 14 e 18 de xullo (Zas) // 8, 9 e 10 de agosto (Baio) e 22, 23 e 24 (Zas)
- Nº de prazas: 25 por localidade
- Prezo: 5 € empadroados/as e 10 € non empadroados/as
- Inscricións: ata os xoves 29 de xuño (Baio) e 6 de xuño (Zas), e 3 de agosto (Baio) e 17 de agosto (Zas)
Campamento en Naturmaz (3 días)
Inclúe aloxamento en albergue, comidas e actividades: tirolesa, escalada, paintball, circuíto multiaventura, rappel, tiro con arco, piragüismo, sendeirismo con orientación, manta raia, busca do tesouro, xogos, veladas e moito máis
- Destinatarios/as: de 7 a 14 anos
- Horario de saída: 9:15h. (Baio -Torre Penedo) e 9:30h. (Zas - Concello)
- Datas: mércores 19, xoves 20 e venres 21 de xullo
- Nº de prazas: 45
- Prezo: 50 € empadroados/as e 95 € non empadroados/as
- Requisitos: é obrigatorio levar saco de durmir
- Inscricións: ata o mércores 12 de xullo
* No caso de haber máis solicitudes que prazas, realizarase sorteo o xoves 13 de xullo.
Noite de cine
Datas, lugares, películas e horario:
- Sábado 22 de xullo. Torres do Allo. “A Esmorga”. 22:30h.
- Sábado 29 de xullo. Ponte de Brandomil.“A praia dos afogados”.22:30h.
- Sábado 12 de agosto. Fornelos. “Pradolongo”. 22h.
Prezo: De balde
Excursión ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro (Pontecedra)
Aprenderemos sobre a Idade do bronce a través dunha visita guiada, observaremos petroglifos e a reconstrución dunha aldea da época. Ademais, tamén participaremos en dous obradoiros: “A voltas co lume” e “Caza na Prehistoria”.
- Destinatarios/as: de 7 a 16 anos
- Horario de saída: 10h. (Zas – Concello) e 10:15h. (Baio –Torre Penedo)
- Horario de chegada: 20h. aprox.
- Data: xoves, 27 de xullo
- Nº de prazas: 50
- Prezo: 6 € empadroados/as e 10 € non empadroados/as
- Requisitos: deberán levar comida e merenda, roupa cómoda e crema solar.
- Inscricións: ata o venres 21 de xullo
XII+I Concentración de motos clásicas
Percorrido en moto clásica (máis de 25 anos). Haberá agasallos entre os/as participantes despois do xantar
- Lugar: saída de Baio Hora: 10h.
- Data: domingo, 30 de xullo
- Prezo: 15 € que se ingresarán no nº de conta: ES60 0238 8208 8507 0201 1416 (Banco Pastor) indicando a/as persoa/s que fan o ingreso
- Inscricións: ata o xoves 27 de xullo no 698 178 654. Haberá que mandar copia do xustificante de pago a motosjosi@gmail.com
Semana cultural
- Teatro, música, obradoiros, exposicións, etc...
- Datas: do 30 de xullo ao 6 de agosto
- Observacións: realizarase publicidade específica para estas actividades
Os venres a pé
- Rutas de sendeirismo polo Concello de Zas
- Destinatarios/as: maiores de 7 anos e persoas adultas
- Saída: praza do concello ás 10h
- Datas: 11, 18 e 25 de agosto
- Requisitos: roupa e calzado cómodo, crema solar. A auga e a comida van por conta dos/as participantes
- Inscricións: ata o xoves anterior á realización da ruta
Día da bici
Realizarase un percorrido en bicicleta polo concello durante unha mañá rematando a actividade cun xantar.
- Destinatarios/as: maiores de 6 anos e persoas adultas
- Horario: saída da praza do concello ás 10:30h.
- Data: domingo, 13 de agosto
- Nº de prazas: sen límite, pero é obrigatorio realizar a inscrición
- Prezo: de balde
- Requisitos: é obrigatorio o uso de casco
- Inscricións: ata o xoves 10 de agosto
Excursión Aquapark de Cerceda
- Destinatarios/as: de 8 a 16 anos
- Lugar onde se realiza: Aquapark en Cerceda
- Horario de saída: 10h. (Zas – Concello) e 10:15h. (Baio –Torre Penedo)
- Horario de chegada: 20h. aprox.
- Data: xoves, 17 de agosto
- Nº de prazas: 100
- Prezo: 5€ empadroados/as e 10€ non empadroados/as
- Requisitos: deberán levar comida e merenda, bañador, toalla, chanclas e crema solar. Non é necesario o gorro de piscina.
- Inscricións: ata o xoves 10 de agosto
XXI Trofeo de fútbol Concello de Zas
- Data: agosto, * pendente de concretar
Visitas teatralizadas ás Torres do Allo
Todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30h.