Convocatoria de dúas prazas de socorrista con carácter temporal
14-06-2017
Constitúe o obxecto da presente convocatoria establecer as bases que terán que rexer, no proceso selectivo, para a provisión de DÚAS ( 2) prazas de socorrista con carácter temporal, condicionada a existencia de crédito orzamentario.
No prazo de catro días hábiles, a contar do seguinte do anuncios da convocatoria no BOP, os interesados en participar no proceso selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, de acordo ao modelo do ANEXO I destas bases.
Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución pola que se aprobará a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se fará pública no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.