ZAS INICIA OS CURSOS DE APROXIMACIÓN AO SOFTWARE LIBRE
02-06-2009
O Concello de Zas pon en marcha neste mes a súa oferta formativa dedicada ao Software Libre. O edificio de Usos Múltiples do Concello acolle, os días 19 e 26 de xuño e 3 e 10 de xullo, catro cursos de Software Libre para oficinas e deseño que servirán para familiarizar ao cidadán co uso do paquete ofimático Open Office e o editor gráfico GIMP.
Cada unha das xornadas desenvolverase en horario de 20:00 a 22:00 horas. O prazo de inscrición xa está aberto. Atoparán toda a información e os formularios de inscrición na sección Formación de www.zasdixital.eu
Esta proposta formativa está integrada no Proxecto Zas Dixital, unha iniciativa que naceu co principal obxectivo de achegar as Novas Tecnoloxías a toda a cidadanía.