Praza do Campo, 1. 15850. Zas. A Coruña.
+(34) 981 70 83 03
14-06-2017
Na clausura contarase coa presencia do Alcalde D.Manuel Muiño Espansandín e do Tenente de Alcalde D. Oscar Lema Romero que entregarán os diplomas ás persoas que participaron nos talleres de memoria e nos cursos de informática organizados por este concello.
A continuación haberá unha actuación dos integrantes do grupo de guitarra e unha exhibición de baile das parellas que formaron parte do grupo de bailes de salón.