Convocatoria de selección e contratación laboral con carácter temporal dun técnico de turismo

13-06-2017

Constitue o obxecto das presentes bases a realización dun proceso selectivo, mediante concurso- oposición libre, para a provisión dunha praza de técnico/técnica de turismo con carácter temporal, para a oficina de turismo do Concello de Zas.

A persoa será contratadas baixo a modalidade de contrato temporal a xornada completa ata o 31/12/2017, con distribución de xornadas segundo se estableza pola Alcaldía.

No prazo de 5 días hábiles, a contar do seguinte do anuncio no B.O.P, os/as interesados/as en participar no proceso selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, dacordo ao modelo do ANEXO I destas bases.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución pola que se aprobará a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se fará pública no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.

Descargas

Compartir: