Convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo con carácter interino

12-06-2017

Convocatoria e bases específicas do proceso de seleción praza de escala de administración xeral, subescala auxiliar administrativo con carácter interino por resolución de alcaldía de 5 de xuño de 2017.

É obxecto das presentes bases a cobertura da vacante da praza de Auxiliar administrativo de persoal funcionario desta Corporación, con carácter de interinidade en tanto non sexa provista por funcionario de carreira/ata que desaparezan as razóns de urxencia que motivaron a súa cobertura interina.

O prazo de presentación de instancias é de de vinte días naturais, a contar do seguinte do anuncio no B.O.P.. Os interesados en participar no proceso selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, de acordo ao modelo do ANEXO I destas bases.

Descargas

Compartir: