Cobertura dunha praza de auxiliar administrativo con carácter temporal no departamento de Servizos Sociais
08-06-2017
Constitúe o obxecto da presente convocatoria establecer as bases que terán que rexer, no proceso selectivo, para a provisión dunha praza de Auxiliar Administrativo con carácter temporal, adscrita aos Servizos Sociais do Concello de Zas nos termos e condicións salientados no “Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios para o exercicio 2017 da Deputación Provincial de A Coruña”, publicadas no BOP Nº 39 do 24/02/2017, ao que está adherido o Concello de Zas.
No prazo de dez días naturais, a contar do seguinte do anuncio no B.O.P., os interesados en participar no proceso selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía Presidencia, de acordo ao modelo do ANEXO I destas bases.
Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución pola que se aprobará a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se fará pública no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.