Convocatoria de prazas para a Brigada de Incendios

06-06-2017

Por Resolución da Alcaldía, núm. 191/2017 de data 2 de xuño de 2017, aprobáronse as bases específicas para a selección e a formación dunha bolsa de traballo para a contratación laboral temporal de 1 xefe de brigada, 1 peón-condutor e 3 peóns para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Zas.

O prazo de presentación de instancias é de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As persoas interesadas poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web municipal.

Descargas

Compartir: