CLAUSURA DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE TEATRO

27-05-2009

Desde o mes de novembro do pasado ano os monitores do grupo Badius, en colaboración co Concello, veñen impartindo clases de teatro nas aulas de Zas e Baio a 41 nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos. Agora chegou o momento de que mostren o traballo realizado durante estes seis meses.

A clausura das Escolas Municipais de Teatro celebrarase esta fin de semana na seguinte orde:

- O sábado 30 de maio ás 20:00 horas no Auditorio do Polideportivo de Baio.

- O domingo 31 de maio ás 11:30 horas no Auditorio do Concello.
Compartir: