As Torres do Allo reciben a visita dun grupo de profesores de distintas nacionalidades
06-06-2017
Os visitantes participan no Congreso Internacional “Viaxeiros II. Transitando pola Idade Media” organizado pola USC.
Martes 6 de xuño, as Torres do Allo reciben a partir das 10 horas a visita de máis de 40 participantes do Congreso Internacional “Viaxeiros II. Transitando pola Idade Media” organizado polos departamentos de Historia Medieval, Historia da Arte, Filoloxía Románica, Filoloxía Galaico-Portuguesa e Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago de Compostela.
Este grupo de visitantes está formado por un nutrido grupo de profesores galegos, brasilerios, portugueses e franceses ademais de investigadores, bolseiros e alumnado de grao e doutoramento.
O interese desta visita radica na explicación de Torres do Allo como bisagra entre o Medievo e a Idade Moderna, supondo un dos exemplos máis sobranceiros do tránsito dos modos de vida medievais cara ao Antigo Réxime, e inauguración dunha tipoloxía edilicia cun grande recorrido futuro.