Expediente 072017: Cobertura dunha praza de peón de obras e servizos con carácter temporal no departamento de Obras e Servizos

02-06-2017

Constitue o obxecto a presente convocatoria establecer as bases que terán que rexer, no proceso selectivo, dunha praza de peón de obras con carácter temporal, adscrita ao departamento de Obras e Servizos do Concello de Zas.

A persoa será contratada baixo a modalidade de contrato temporal de interinidade a xornada completa, en tanto no se proceda a la cobertura definitiva da praza. Estas bases incluirán tamén a formación dunha lista de substitución, que se extinguirá, en todo caso, o 31/12/2020.

No prazo de oito días naturais, a contar do seguinte do anuncio no B.O.P, os interesados en participar no proceso selectivo, dirixirán instancia a Alcaldía-Presidencia, dacordo ao modelo do ANEXO I destas bases.

Rematado o prazo de presentación de instancias, o Alcalde ditará resolución pola que se aprobará a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se fará pública no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web municipal.

Descargas

Compartir: